AGRUPACION CULTURAL XUNCO
INICIO    NOTICIAS    HISTORIA    DATOS E SITUACIÓN    PARDERRUBIAS    ARQUIVO GRAFICO    ASOCIARSE    CONTACTAR
MENU IZQUIERDA






GRUPO DE GAITAS XUNCO

DOMINGO 12 DE SETEMBRO A PARTIR DAS 11:00 HORAS
PROCESIÓN E SESIÓN VERMOUTH - ANGUDES (CRECIENTE)
______________


GRUPO FOLCLÓRICO XUNCO

DOMINGO 14 DE NOVEMBRO ÁS 17:00 HORAS
CENTRO CULTURAL DE AREAS (TUI)
______________


ACTIVIDADES SEMANAIS NO CENTRO CULTURAL

VER EN ACTIVIDADES EN CURSO - HORARIOS
COMEZARON: BAILE TRADICIONAL INFANTIL, PLAY-BACKS E GAITA. PROXIMAMENTE REINICIARANSE BAILE TRADICIONAL DE MAIORES E XIMNASIA DE MANTEMENTO.
______________




» VER TÓDOLOS EVENTOS «

As actrices e os actores, todas e todos eles afeccionados, son veciñas e veciños da parroquia de Parderrubias.
Dende o 2005, o grupo está sendo dirixido por José Estévez.


HISTORIA e ACTUACIÓNS
Nesta segunda andaina, ten o seu inicio no 12 de Febreiro de 2005, que con motivo do Antroido, representa a súa primeira obra “ISTO CAMBIOU”. Dada a súa aceptación, esta obra foi representada en parroquias dos alrededores, tales como:
Pexegueiro, Soutelo, Entenza, A Forna de Budiño, Castro Barreiro, Pazos de Reis, Picoña, Alxen e Cristiñade. 
Dada a demanda, vólvese poñer en escena en:
- Auditorio Municipal de Salceda, colaborando coa Asociación "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui" (26-04-09).
- Vilariño (A Ramallosa-Nigrán), Festas de San Antón (14-06-09)
- Centro Cultural Ameirolongo-Sanguiñeda (Mos) (18-09-09)

Con motivo das Letras Galegas, o 13 de Maio de 2005 estrenou a obra “O VELORIO” en Parderrubias, que a súa vez foi representada en San Xorxe. 

Entremedio representaronse varios cortos cómicos de gran éxito.

O 21 de Outubro de 2006, coincidindo coa inauguración do Ciclo Cultural 2006 en Parderrubias, estrea a obra: ”COUSAS DE PARROQUIA”.
representándose a súa vez en:
- Auditorio Mucicipal de Salceda, Outono Cultural (03-11-06). 
- Centro Cultural da Feira (Salceda) (25-11-06). 
- Centro Cultural de Pazos de Reis (Tui) (24-09-07). 
- Centro Cultural a Forna de Budiño (Porriño) (23-12-07). 
- Centro Cultural de Soutelo (17-02-08). 
- Centro Cultural de Alxén (Salvaterra) (08-03-08).
- Centro Cultural de Cela (Mos) (23-08-08).

Neste ano 2010, estase a preparar unha nova obra cómica, que esperamos teña un gran éxito, na que están participando: JOSÉ, JAVI, MIRIAN, MÓNICA, ARITA, FINA, ELVIRA, LOLA, PEPE e GELIS


                  ARGUMENTACIÓN OBRAS E PERSOAXES 

 COUSAS DE PARROQUIA
Representación cómica, ambientada no mediados do século XX, que pon de manifesto cousas que poderían pasar en calquera parroquia de calquera bisbarra, pero que vai ter un profundo sentimento na nosa parroquia de Parderrubias.

Está basada na obra: “Pista ou peste”, que foi alongada de forma inventiva e fundamentada na nosa parroquia.

A obra consta de catro actos nos que se vai mesturar historia con humor.


                           REPARTO

TIBURCIO: JOSE          XANELA: GELIS

XAN: JAVI                     Manoela de Outeiro: EMMA

MARCELO: ARTURO  PALMIRA: ANDREA

ANTON: LOLA              BALBINA: MIRIAN

ELECTRICISTA: PEPE  LUCES E SON: MANOLO


ISTO CAMBIOU

Obra cómica en tres actos, nos que se desenvolven unha serie de situacións que acontecen a diario nas relacións de convivencia, hoxe en día, en calquera casa.

Os protagonistas (dúas parellas) intercambian os papeis de persoas dominantes:

muller sobre o home nun caso / home sobre a muller noutro

O trasunto trata dun xeito humorístico un tema de tanta actualidade como é a relación conflictiva que se pode dar en calquer domicilio.

Na obra desdramatizanse as situacións e, cunha fina ironia, vaise pór de relevo a importancia de que ao final se acade un entendemento, na diaria necesidade de compartir tarefas e así solventar as discrepancias, limando as situacións conflictivas até facelas desaparecer.

   
                             REPARTO

PEPA: Prudencia                           PERRUQUEIRA: Mª Elvira

XOAN:  Javi Barreiro                   PERRUQUERÍA: Fina e Gelis

MARÍA: Mª Arita                           TABERNEIRO: Pepe Fernández

PEPE: José Estévez                       LUCES E SON: Arturo                

 
 
 
 
 
 
 
Esta páxina web en galego tivo unha axuda otorgada pola Xunta de Galicia.